jueves, 19 de diciembre de 2019
Bo Nadal e próspero aninovo!
Coa postal gañadora e unhas pequenas palabriñas, dende o CEIP de Casaio desexámosvos Boas Festas e Próspero Aninovo! Que sexades felices!
miércoles, 18 de diciembre de 2019
Calendarios!
Graciñas a todos/as os que aportades o voso grauciño de area para que os pequeniños/as de Casaio teñan unha bonita excursión de fin de curso!
Xa temos á venda os nosos calendarios, pero corre, xa que quedan pouquiños en stock!
Xa temos á venda os nosos calendarios, pero corre, xa que quedan pouquiños en stock!
lunes, 16 de diciembre de 2019
Charla Cruz Vermella
Hoxe visitounos Raquel, a cal forma parte da plantilla de Cruz Vermella do Barco de Valdeorras. Levou a cabo unha charla-coloquio na que participaron todos os alumnos/as do centro sen os mestres/as.A temática foi referente á violencia e ó acoso escolar. Graciñas Raquel, esperamos verte de novo!
miércoles, 11 de diciembre de 2019
Graciñas amigo invisible!
Temos un amigo invisible que nos quere! Na sesión de entrega de agasallos do amigo invisible desta semana, levamos unha grata sorpresa cando todos tiñamos un detalliño ben fermoso para por na nosa árbore de nadal. Non sabemos de quen se trata pero, podedes estar seguros/as de que estaremos por sempre agradecidos. Graciñas amigo invisible (ou imaxinario, como din as formiguiñas)!
Donación de xornais!
Colaboramos coa protectora de animais de Ourense, PROGAPE, facendo unha donación de xornais. Os peludiños de seguro que o agradecerán!
Saída a Monforte de Lemos
Ben cediño esperamos o tren en Sobradelo para coller camiño cara Monforte. Alí visitamos o museo do ferrocarril, os Escolapios, vimos de lonxe a Torre do Homenaxe e cantamos panxoliñas polas rúas e parques....debémolo facer moi ben porque ata nos deron o aguinaldo! Foi un día fantástico!
jueves, 5 de diciembre de 2019
As formiguiñas teñen nova mochila!
Ollade que fermosas nos quedaron as bolsiñas coas que portaremos os nosos enseres persoais na excursión do próximo martes! Graciñas pola donación que nos fixeron. Nós encargámonos de personalizalas!
miércoles, 4 de diciembre de 2019
Día internacional da discapacidade
O 3 de decembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE e, no CEIP DE CASAIO, a profe Laura fixo unha representación dunha mestra con discapacidade visual. Foi realmente impresionante como os nosos nenos/as se meteron no papel, de xeito que comprobamos que, unha persoa con discapacidade, é unha persoa NORMAL.
Como ás veces é imposible fotografiar os momentos, desta non temos imaxes, pero si un bo recordo.
Como ás veces é imposible fotografiar os momentos, desta non temos imaxes, pero si un bo recordo.
martes, 3 de diciembre de 2019
jueves, 14 de noviembre de 2019
Un bo magosto!
Hoxe o día foi completiño! Tivemos neve e para entrar en calor, fixemos a fogueira e celebramos o magosto por todo o alto. Grazas ás familias por facelo posible. Pasámolo pipa!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)