jueves, 31 de octubre de 2019
Cabaciñas!
Graciñas ós nosos nenos/as polo esmero á hora de decorar as cabazas e graciñas á mamá que nos donou dúas para que puideramos decoralas no centro. Decirvos que aproveitamos as sementes e témolas a secar. Aquí todo vale!
Bruxiñas agradables!
Sentímonos orgullosos de que a comunidade educativa traballe en conxunto. O día de Samaín tivemos a visita dunha bruxiña moi periposta e presumida que nos fixo chegar unha deliciosa tarta coa que fixemos unha boa merenda. Quedamos coas gañas de saber quen era pero...ata parecía algunha mamá! Non sabedes a ilusión que nos fixo e o moito que o agradecemos. Graciñas mamis!
Mañá é Samaín....e se facemos galletas para merendar?
Hoxe tivemos unha sesión de repostería do mais xenial! Quixemos por en práctica as nosas dotes culinarias e foi todo un éxito! A intención era facer fantasmas pero é certo que o noso non son as formas e saiunos un pouco de todo. Aseguramos que o cole cheiraba ás mil maravillas. As mamás e papás querían probar pero desta non puido ser porque as papamos nós todas. Prometemos facer mais e convidarvos!
domingo, 27 de octubre de 2019
APRENDENDO DOS MAIS PEQUENOS/AS!
Sentímonos orgullosos dos nosos/as nenos/as. Saímos a coñecer os recunchos mais agarimosos do seu pobo e vai orgullo sentiron mostrándonos o que é seu.
Sen lugar a dúbida, so podemos dicir: Que bonito é Casaio!
Sen lugar a dúbida, so podemos dicir: Que bonito é Casaio!
24 de outubro, un pequeniño adianto!
Hoxe foi un día verdadeiramente emotivo e especial. Para ter presentes as bibliotecas escolares, as nais e pais dos nosos cativiños/as, fixéronnos unha visita e contáronnos un contiño. Estamos inmensamente agradecidos. Velaquí un pequeniño adianto!
jueves, 24 de octubre de 2019
lunes, 21 de octubre de 2019
MULLER RURAL, NON TE ESQUECEMOS!
sábado, 19 de octubre de 2019
PREPARADOS, LISTOS...
Algo importante está a pasar tras o telón...pouco ensaiamos, pero temos moita imaxinación para improvisar!
martes, 15 de octubre de 2019
XA!!!!
Sabemos que se pode facer moito mellor, pero tamén sabemos que é bonito ver como imaxinan eles/as o mundo e, sobre todo, como evolucionan...Neste caso, o obxectivo era darlle vida ós títeres que os nosos nenos/as crearon na clase de plástica co profe Javier e o resultado foi...chulísimo!
viernes, 11 de octubre de 2019
OUTONO NO NOSO COLE!
Chegou o outono ó noso CEIP e, para facelo notar, puxemos empeño en facer o noso mural. Todos/as aportamos o noso grauciño de area para que nos quedara ben bonito! Botade unha ollada!
jueves, 3 de octubre de 2019
UNHA PEQUENA SAÍDA!
Esta semana comezamos coa xornada partida e, para facela mais amena, o mércores pola tarde saímos do centro para recoller os materiais que formarán parte do noso mural de outono. Apañamos follas, landras e pedras en distintos baldes. Ao longo da semana comezaremos a decoración e, cando esté lista, manterémosvos informados/as. Foi unha boa experiencia!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)