jueves, 14 de noviembre de 2019

Un bo magosto!

Hoxe o día foi completiño! Tivemos neve e para entrar en calor, fixemos a fogueira e celebramos o magosto por todo o alto. Grazas ás familias por facelo posible. Pasámolo pipa!














O TRIMESTRE DO AMIGO INVISIBLE!

Durante este trimestre estamos levando a cabo no noso cole o amigo invisible. Para elo, cada martes, os nenos/as e os profes agasallan ao seu amigo invisible con algo especial. Desta recibimos debuxos, bonecas, pulseiras, adiviñanzas, chuches e moitas outras cousas. Estamos ben contentos/as! Graciñas amigos/as invisibles (ou imaxinarios, como din algúns/as).


CHEGOU A NEVE A CASAIO!

Pois as previsións cumpríronse e hoxe viñemos paseniño paseniño para poder abrir o cole de Casaio...chegou a neve e non puido deixarnos unha estampa mais fermosa!



Ahhhhhh, por certo! Os nosos cativiños estábannos esperando para tirarnos bolas de neve, esta gardámoslla!

lunes, 11 de noviembre de 2019

SAÍMOS NA PRENSA!

Para un neno/a saír na prensa implica ser famoso, para un mestre/a saír na prensa ensinando o seu cole e os seus alumnos/as implica gañas e motivación para seguir facendo todo o posible por avanzar no tempo. Somos pouquiños/as pero ruidosos e gústanos que nos teñan en conta! Moitas gracias ao xornal denominado Somos Comarca por contar con nós e por vir ver as nosas cousiñas, estamos ansiosos/as por facervos unha visita e coñecer a radio!

SOMOS FAMOSOS/AS!

lunes, 4 de noviembre de 2019

FIELES ÁS TRADICIÓNS!

Seguindo as tradicións, celebramos o Samaín. Para elo, o CEIP de Casaio converteuse no túnel do terror. Dous espíritos fixéronnos unha visita e ata tivemos que beber unha pócima ben fea! Por sorte, seguimos sendo os mesmos e non nos convertimos nin en rás nin en ningún outro personaxe raro. Disfrutamos moitísimo!