Hoxe rematamos o ritual de entroido queimando os mecos!
jueves, 27 de febrero de 2020
Sorteo da cesta!
Aquí amosámosvos a unha alumna do Ceip recollendo a cesta de entroido que lle tocou a un dos seus familiares. Noraboa!
viernes, 21 de febrero de 2020
Vivimos o entroido!
Hoxe demos remate a unha semana cargadiña de perrucas, gafas e disfraces variados. Pasámolo pipa!
Patri foi a gañadora do concurso de máscaras!
Patri foi a gañadora do concurso de máscaras!
Sorteo da cesta de entroido!
Tras levar a cabo o 1º sorteo, a rifa premiada fai referencia ó número 682! Recordamos que o gañador/a ten de prazo ata o vindeiro mércores 26 de febreiro para recoller o premio presentando a rifa arriba indicada!
viernes, 14 de febrero de 2020
Entroidando!
Hoxe comezamos a entroidar facendo os nosos mecos! Todos/as aportamos o noso grauciño de area para que estes dous señores/as quedaran ben guapos/as! Acompañarannos durante os días de entroido!
14 de febreiro!
Fai o amor e non a guerra....Os alumnos/as do CEIP de Casaio levamos a cabo a nosa árbore, na cal colgamos a resposta á pregunta ¿Que é para ti o amor? Foi unha actividade sorprendente e bonita.
martes, 11 de febrero de 2020
Leo cumpre 9!
A pasada fin de semana Leo cumpriu 9 aniños.... o único que lle pedimos é que, pasen os anos que pasen, siga dándonos esas apertiñas tan cheas de amor e sinceridade! Querémoste!
miércoles, 5 de febrero de 2020
Colabora con nós!
Queremos unha excursión requetechula! Para iso vendemos rifas e con elas sorteamos unha fermosa cesta con ricos produtos. Merca e participa!
Hoxe, escola ó aire libre!
O pasado luns as clases desenvolvéronse ó aire libre! Visitamos o Teatro Lauro Olmo para ver unha representación en inglés, acolléronnos en Viloira nas dependencias de medio rural, visitamos o parque de bombeiros da Rúa e achegámonos ata Montefurado para comer ó aire libre e ver as belezas da natureza. Foi un día fermoso!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)