Como actividade de iniciación, os mais maiores levamos a cabo unha tarefa moi interesante que causou boa sensación entre os nosos/as nenos/as. Decoramos unha caixa e, dentro dela, cada un/unha introduciu os obxectivos que pretende acadar durante o curso. Feito isto, pechamos a caixa tan ben pechada que será imposible de abrir ata o último día do curso escolar 2019-2020, momento no cal comprobaremos se os obxectivos foron ou non cumpridos.
Botade unha ollada ás fotos e veredes que fermosa nos quedou!
martes, 17 de septiembre de 2019
FACÉMONOS MAIORES!
Os aniños van pasando e con eles medramos e imos deixando atrás cada unha das etapas. Ainara, o pasado venres 13 de setembro, cumpriu 7 anos e quixo celebralo cos seus compañeiros/as e tamén cos mestres/as. Soprou as velas e invitounos a unha tarta que vos aseguramos que estaba boísima! Ademáis, quen volvera ser neno/a para levar para casa aquela bolsa de chuches...mmmmmm!
lunes, 16 de septiembre de 2019
PRESENTÁMONOS!
Casaio é un pequeno pobo da provincia de Ourense, situado ó sureste da mesma, na ladeira da Serra do Eixe, nas estribacións de
Pena Trevinca, á beira do río Casaio, limitando coas provincias de Zamora e León.
Pertence ó Concello de Carballeda de Valdeorras, existindo no pobo unha Asociación Veciñal cos seus propios recursos económicos e
administrativos.
O conxunto xeral do pobo está constituido por catro barrios. O núcleo central sitúase nos aledaños da igrexa e é o máis grande,
chámase Somoza. Os outros barrios son máis pequenos e apenas viven familias. Estes denomínanse: Romiña, Caseisuso e Cadenaia.
A poboación aproximada é duns 346 habitantes.
O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Casaio, é un Colexio público ó que concorren os alumnos/as do pobo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)