lunes, 16 de septiembre de 2019

PRESENTÁMONOS!

Casaio é un pequeno pobo da provincia de Ourense, situado ó sureste da mesma, na ladeira da Serra do Eixe, nas estribacións de Pena Trevinca, á beira do río Casaio, limitando coas provincias de Zamora e León. Pertence ó Concello de Carballeda de Valdeorras, existindo no pobo unha Asociación Veciñal cos seus propios recursos económicos e administrativos. O conxunto xeral do pobo está constituido por catro barrios. O núcleo central sitúase nos aledaños da igrexa e é o máis grande, chámase Somoza. Os outros barrios son máis pequenos e apenas viven familias. Estes denomínanse: Romiña, Caseisuso e Cadenaia. A poboación aproximada é duns 346 habitantes. O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Casaio, é un Colexio público ó que concorren os alumnos/as do pobo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario