martes, 17 de septiembre de 2019

A CÁPSULA DO TEMPO... QUE SERÁ?

Como actividade de iniciación, os mais maiores levamos a cabo unha tarefa moi interesante que causou boa sensación entre os nosos/as nenos/as. Decoramos unha caixa e, dentro dela, cada un/unha  introduciu os obxectivos que pretende acadar durante o curso. Feito isto, pechamos a caixa tan ben pechada que será imposible de abrir ata o último día do curso escolar 2019-2020, momento no cal comprobaremos se os obxectivos foron ou non cumpridos.

Botade unha ollada ás fotos e veredes que fermosa nos quedou!



No hay comentarios:

Publicar un comentario